A Xunta pon en valor o novo programa formativo para mulleres vítimas da trata da violencia de xénero nunha xuntanza con representantes de Fiet Gratia

  • A Xunta pon en valor o novo programa formativo para mulleres vítimas da trata da violencia de xénero nunha xuntanza con representantes de Fiet Gratia
  • A Xunta pon en valor o novo programa formativo para mulleres vítimas da trata da violencia de xénero nunha xuntanza con representantes de Fiet Gratia
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022.-
 
A Xunta puxo hoxe en valor o traballo que está a desenvolver para axudar e atender as necesidades sociais e laborais das persoas vítimas da violencia de xénero e, dentro delas, das mulleres e nenas obxecto de trata con fins de explotación sexual. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da entidade Fiet Gratia, no que destacou as iniciativas novidosas coas que a Xunta está a mellorar a formación para a inserción laboral das mulleres vulnerables.
 
López Abella apuntou algunhas das liñas nas que traballa a área de Igualdade este ano, como a apertura nas catro provincias de centros 24 horas de atención ás vítimas de agresión sexual; ou a recente activación dun novo programa formativo para 28 mulleres, co que se pretende incentivar a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero, de trata e de explotación sexual e que se executará con fondos europeos de recuperación.
 
O Goberno galego está a referendar a loita decidida contra a violencia de xénero, que este ano ve incrementado o seu orzamento nun 22%, ata os case 18 millóns de euros, co compromiso de avanzar para que o número de vítimas desta lacra sexa cero.