A Xunta pon en valor a importancia do emprendemento feminino para o desenvolvemento de economías verdes

  • A Xunta pon en valor a importancia do emprendemento feminino para o desenvolvemento de economías verdes
  • A Xunta pon en valor a importancia do emprendemento feminino para o desenvolvemento de economías verdes

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nunha mesa redonda sobre “Muller e economía verde” no marco da Xornada “Cultivando o emprego. Semente para a inclusión” que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura.

Alí, destacou a relación entre o empoderamento feminino e as economías verdes, así como a importancia do liderado das mulleres para dar un impulso ao ao desenvolvemento sustentable. Ao respecto, lembrou que o apoio ao emprendemento feminino é unha das prioridades de actuación para a Xunta, tal e como se reflicte a través de programas como o Emega ou no mesmo VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020. 

Tema: