A Xunta pon en marcha a campaña "Os Bolechas pola igualdade" con material didáctico para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron hoxe a campaña

Repartiranse 10.000 libros do Bolechas, 30.500 unidades didácticas para traballar nas aulas, 60.500 cadernos de actividades e 10.000 chapas coa imaxe dos Bolechas pola Igualdade cos días internacionais: 8M e 25N

Ademais pódese descargar todo o material na páxina web da campaña 

Continua tamén a campaña “Xoguetes pola Igualdade” que ten como finalidade sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar así contra os estereotipos de xénero que aínda persisten entre as xeracións máis novas

  •  A Xunta pon en marcha a campaña "Os Bolechas pola igualdade" con material didáctico para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron hoxe a campaña “Os Bolechas pola Igualdade”, con material didáctico a empregar tanto na escola como na casa para traballar cara a Igualdade entre aos mais novos

Presentouse por primeira vez o material didáctico elaborado para promocionar a igualdade entre as nenas e nenos e no ámbito educativo e para as familias, como o libro dos Bolechas pola Igualdade, dos que se van a repartir 10.000 unidades; unha unidade didáctica para traballar nas aulas, das que se reparte 30.500 nos centros, así como 60.500 cadernos de actividades, e 10.000 chapas coa imaxe de os Bolechas pola Igualdade cos días internacionais: 8 de marzo e 25 de novembro http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/os-bolechas-pola-igualdade

Uso de xoguetes sen estereotipos

Mantendo a mesma liña iniciada o pasado ano, presentouse tamén a campaña “Xoguetes para a igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”, que ten como obxectivo sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, acabar coa segregación de nenas e nenos nos xogos derivada de estereotipos de xénero que persisten na sociedade e concienciar aos mais pequenos que poden xogar indistintamente co mesmo xoguete, que non hai cores de nenas e de nenos.

Neste sentido, é importante concienciar a nenos e nenas de que poden xogar indistintamente co mesmo xoguete, de xeito que se fomenten desde as idades máis temperás unhas relacións de igualdade e cooperación. Ademais, esta actuación tamén dá cumprimento a unha das propostas incluídas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que inclúe de xeito específico unha medida para fomentar xoguetes igualitarios

Ao abeiro desta iniciativa distribuiranse 7.000 carteis e 13.800 marcapáxinas cun decálogo de consellos, que se distribuirán nos centros comerciais, comercios, centros de ensino, centros de saúde e concellos. Pódese descargar todo o material en http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/xoguetes-para-igualdade-os-bolechas

Decálogo dos xoguetes pola igualdade

1. Non hai xoguetes de nenas e nenos.
2. Non hai cores de nenas e nenos.
3. O xoguete non fomentará condutas ou comportamentos violentos e agresivos.
4. Intenta elixir xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa.
5. O xoguete será divertido e seguro, favorecerá a imaxinación e a creatividade, axeitado á idade e ós gustos das nenas e dos nenos e libre de prexuízos sexistas.
6. Procura que os xoguetes e xogos favorezan a igualdade na participación e o desenvolvemento de sentimentos e afectos sen diferenza de nenas e nenos.
7. Elixe xoguetes que xunten a nenas e nenos cooperando e compartindo espazos, tanto público como doméstico.
8. Regala xoguetes que estimulen a curiosidade e o interese por investigar, que axuden a promover todas as capacidades e habilidades persoais de nenas e nenos, posibilitando tanto os xogos tranquilos como os que fomenten a actividade física.
9. Escolle xoguetes, xogos, libros e películas nos que se nomee e estean presenten as nenas e os nenos, as mulleres e os homes, respectando as diferenzas, recoñecendo a diversidade e libres de estereotipos de xénero.
10. As nais e os pais supervisarán e serán partícipes dos xogos e lecturas das nenas e dos nenos.