A Xunta pon a disposición dos concellos actividades gratuítas para avanzar no rexeitamento da violencia contra as mulleres

A secretaria xeral da Igualdade Susana López Abella, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero para as entidades locais

Este ano é o que maior número de acción se poñen a disposición dos concellos, e todas están enmarcadas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas e as súas fillas e fillos

  • A secretaria xeral da Igualdade Susana López Abella, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero para as entidades locais
  • A secretaria xeral da Igualdade Susana López Abella, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero para as entidades locais
  • A secretaria xeral da Igualdade Susana López Abella, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero para as entidades locais

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018.-  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presentou esta mañá as actividades ofertadas para o curso 2018-2019 en materia de violencia de xénero nas que inclúen proxeccións, obradoiros, exposicións ou formación específica na materia, que os concellos integrantes da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero poden solicitar de forma gratuíta.

Susana López Abella, acompañada da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e do presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero e segundo indicou a secretaria xeral da Igualdade, no marco do acordo asinado co Fegamp ponse en marcha as actuacións enmarcadas na Rede de entidades locais contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de buscar o rexeitamento social e institucional que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizado á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real en contra da mesma, fomentando modelos alternativos de convivencia baseados no respecto a na igualdade.

Este ano, tal e como indicou López Abella é o que maior número de acción se poñen a disposición dos concellos, e todas están enmarcadas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas e as súas fillas e fillos, e que non comportan custo económico algún para os concellos.

Concretamente este ano serán 12 as actuacións a poñer en marcha co obxectivo de chegar aos 195 concellos que actualmente están adheridos á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero. Dos 195 concellos, 72 pertences á provincia de A Coruña; 40 á provincia de Lugo, 41 á provincia de Ourense e 42 a provincia de Pontevedra.

Por último o presidente da Fegamp destacou a importancia da implicación da cidadanía na consecución dos obxectivos perseguidos: “é básico que como cidadáns nos impliquemos rexeitando a violencia de xénero xa que sen ese apoio de todos e todas contra a violencia machista ningunha acción obterá os resultados desexados nin perdurará no tempo”, argumentou García.

A Secretaria Xeral da Igualdade presentou unha nova guía que se pon a disposición dos concellos galegos, concretamente é un manual para a dinamización das mesa locais de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Este novo manual de dinamización pretende ser complementario á guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero que se editou no ano 2015, e ques este ano se reedita dende a Secretaria Xeral da Igualdade, para dar o impulso á constitución das mesas locas.

Actuación a levar a cabo nos concellos

-“Violencia de xénero e o novo contexto dixital"
- Prevención de situacións de violencia de xénero
- I´ll be Watching You” II (Hei estar vixiándote II). 
- Exposición “Á Violencia de Xénero... Dille NON!”
- Exposición “Cartas de Amor”.
- Programa de asesoramento e terapia familiar con nenos e nenas que sufriran de maneira directa ou indirecta violencia de xénero.
- Proxección da curtametraxe “MIÑA”
- Charlas informativas sobre a violencia de xénero
- Charlas informativas sobre agresións sexuais e violencia sexual
- Visita ás instalacións do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero por parte do persoal do concello
- Formación para o persoal do concello no marco do impulso das Mesas de Coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero (MLC):
-Exposición fotográfica “Express-Arte”

Tema: