A Xunta participou na conmemoración do Día Internacional da Muller na Universidade da Coruña

A titular de Igualdade felicitou a Nona Inés Vilariño, ex deputada e mestra ferrolá, homenaxeada polo concello de Ferrol o pasado día 8 de marzo, con motivo do Día da Muller

  • A secretaria xeral da Igualdade participou nos actos do Día da Muller na Universidade da Coruña
  • A secretaria xeral da Igualdade participou nos actos do Día da Muller na Universidade da Coruña
  • A secretaria xeral da Igualdade participou nos actos do Día da Muller na Universidade da Coruña

Santiago, 12 de marzo de 2013. A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na conmemoración do Día Internacional da muller da Universidade de A Coruña, onde destacou a importancia da igualdade entre homes e mulleres ante os poderes públicos

Susana López Abella felicitou a Nona Inés Vilariño, ex deputada e mestra ferrolá, homenaxeada polo concello de Ferrol o pasado día 8 de marzo, con motivo do Día da Muller. Nona Inés formou parte dun dos momentos políticos máis importantes da historia de España xa que foi deputada na lexislatura constituínte de 1977, e foi unha das mulleres que loitaron porque a Constitución establecese a igualdade entre homes e mulleres ante os poderes públicos e que foron coñecidas como “Las Constituyentes”.

López Abella tivo palabras tamén de felicitación para a directora do documental “Las Constituyentes”, Oliva Acosta, documental que trata sobre as 27 mulleres, 21 deputadas e 6 senadoras que, dende a súa actividade parlamentaria na lexislatura do 77, protagonizaron o cambio político cara á democracia en España.

Estas 27 mulleres participaron na elaboración da Constitución Española do 78, defendendo activamente a igualdade de dereitos entre homes e mulleres na sociedade española. Na convocatoria electoral do 77, as mulleres só representaron o 13 por cento do total dos compoñentes dos diferentes partidos, polo que segundo destacou a titular de Igualdade, os avances logrados en canto á presenza de mulleres nas últimas décadas foron notables, pero aínda podemos consideralos moderados se temos en conta que as mulleres representan máis da metada da poboación.

Para que as mulleres hoxe en día alcancen e exerzan o poder real en canto á toma de decisións, e a súa presenza non se convirta en mera retórica, é preciso aínda superar importantes barreiras relativas, entre outros aspectos, á dobre carga laboral e familiar, ao modelo masculino da vida política ou a os roles sociais predeterminados asignados ás mulleres, segundo afirmou Susana López Abella.
 

Tema: