A Xunta participa nos premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou hoxe en Santiago na V edición destes premios

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na V edición da entrega de premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, que tiveron lugar no Pazo de San Xerome, na capital galega | Autor: Conchi Paz

Santiago, 6 de novembro de 2014.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na V edición da entrega de premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, que tiveron lugar no Pazo de San Xerome, na capital galega.

López Abella destacou que o obxectivo deste Premio é fomentar a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, e recalcou que calqueira experiencia educativa innovadora relativa á perspectiva de xénero na docencia e que poida supoñer un tipo de práctica docente susceptible de ser ampliada ou xeneralizada a outros contextos no ensino superior, dentro ou fora de universidade, supón un gran avance.

A perspectiva de xénero é un marco de interpretación que analiza as relacións de xénero dende un punto de vista crítico, co obxectivo de construír entre todos e todas un novo modelo baseado na igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, e no VI Plan galego de igualdade aparece recollido como unha das accións a levar a cabo polo Goberno galego a de Impulsar a perspectiva de xénero e das mulleres na formación, docencia e investigación universitaria.

López Abella relatou algunha das medidas específicas propostas polo goberno galego e que aparecen recollidas no Plan coma son a creación de materiais accesibles que faciliten a introdución da perspectiva de xénero e a construción das novas masculinidades nos graos e posgraos universitarios; o apoio ao desenvolvemento de másteres específicos de formación en perspectiva de xénero; o apoio ao desenvolvemento de proxectos de investigación que teñan en conta a perspectiva de xénero; a formación en coeducación dirixida ao persoal docente universitario, especialmente dos estudos de maxisterio e de ciencias da educación; a promoción de programas de mobilidade para o persoal docente e investigador que leve a cabo estudos de xénero; e a coordinación das oficinas de igualdade (observatorios de xénero ou equivalentes) das universidades galegas en pro dun mellor aproveitamento dos recursos cara ao cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes no seo do Sistema Universitario de Galicia, entre outros.

Finalmente, a titular de Igualdade incidiu que as actuacións dende a perspectiva de xénero no ámbito social, tecnolóxico e educativo son estratéxicas para avanzar cara un modelo de sociedade máis xusta e acorde coas necesidades actuais.

Tema: