A Xunta participa na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero de Cambados, Meis e Ribadumia

  • Susana López Abella participou na  Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero dos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia

Cambados (Pontevedra), 7 de xuño de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na convocatoria Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero dos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia. O obxectivo deste órgano é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións de cara á erradicación desta lacra.

López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Polo tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

Tema: