A Xunta participa na II edición de Literatas coa entrega de galardóns “Mulleres de Ferro” na Fundación Eduardo Pondal

No acto que tivo lugar na sede da Fundación, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que dende o seu inicio a Fundación está comprometida coa proxección, valoración e apoio á muller rural

  • A Xunta participa na II edición de Literatas coa entrega de galardóns “Mulleres de Ferro” na Fundación Eduardo Pondal
  • A Xunta participa na II edición de Literatas coa entrega de galardóns “Mulleres de Ferro” na Fundación Eduardo Pondal
  • A Xunta participa na II edición de Literatas coa entrega de galardóns “Mulleres de Ferro” na Fundación Eduardo Pondal

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade Susana López Abella participou esta tarde na 2ª edición de Literatas. Entrega dos galardóns “Mulleres de Ferro” destinado ás mulleres que na actualidade continúan na senda da igualdade.

O acto que tivo lugar na sede da Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, Susana López Abella indicou que dende o seu inicio a Fundación está comprometida coa proxección, valoración e apoio á muller rural. Ditas intencións materializáronse coa Casa da Muller que mantén programas constantes que dan soporte e cobertura con alto índice de interese á poboación dos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica de Bergantiños e Zas.

Entre as accións que se desenvolven está o contacto coas persoas encargadas do departamento de igualdade dos cinco concellos, a difusión de accións e asesoramento para levar a cabo calquera acción en materia de igualdade e o apoio ao asociacionismo entre mulleres.

Tamén xornadas de formación que comprometen a mulleres de mediana idade coa intención de incrementar as súas competencias e a súa valoración. A miúdo organízase achegamento as novas tecnoloxías, obradoiros de corresponsabilidade e xornadas monográficas.

Para as familias máis novas tamén se organizan, en colaboración coas ANPAS dos concellos anteriormente citados, programas de educación familiar que contribúen a consolidación de condutas positivas e valores no campo da igualdade. Na programación habitual da Fundación está o Festiletras que tornan arredor da festa das Letras Galegas sempre hai oco e programación específica sobre a muller rural.

Tema: