A Xunta participa na entrega de premios Son Muller 2018 organizado pola Asociación de mulleres empresarias de Lugo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou que os premios recoñecen o papel relevante das mulleres emprendedoras como piar e motor económico na provincia de Lugo

Lugo, 8 de marzo de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na entrega os premios “Son Muller 2018” da Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, que recoñecen o papel relevante das mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais, como piar e motor económico da provincia lucense.

Susana López Abella indicou que as mulleres galegas, demostraron e demostran, unha tenacidade e unha capacidade de traballo notables para achegar a súa visión e talento ao modelo da cultura e economía da nosa comunidade.

O Goberno galego asumiu un firme compromiso coa sociedade galega en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, compromiso que vén materializando desde hai anos no desenvolvemento de medidas e instrumentos xurídicos, políticos, económicos e sociais orientados á supresión dos obstáculos que aínda persisten e que impiden que a igualdade entre os sexos sexa real e efectiva.

Desde o firme convencemento de que o avance socioeconómico, cultural e social de Galicia vai depender ineludiblemente de que mulleres e homes partan do mesmo lugar para poder alcanzar as mesmas metas, sen que os obstáculos de xénero constitúan unha limitación para o desenvolvemento persoal nos distintos ámbitos da vida das persoas, rematou a titular de Igualdade.

Tema: