A Xunta participa na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero dos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes

O obxectivo xeral da Mesa Local de Coordinación é a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero formada polos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero formada polos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero formada polos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero formada polos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes, onde destacou que o obxectivo xeral da Mesa Local de Coordinación é a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero.

López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Polo tanto,resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

Dende a Secretaría Xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu en que se consideran como obxectivos específicos desta Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero, mellorar a detección precoz de casos de violencia de xénero; optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero; ofrecer unha atención e unha resposta áxil ás vítimas de violencia; mellorar a protección ás vítimas de alto risco e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral.

López Abella destacou que é necesario que a coordinación se estenda tamén ao ámbito municipal, favorecendo medidas de coordinación a través da posta en marcha e dinamización das Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero nos municipios de Galicia, como instrumentos para optimizar a cooperación de todas as entidades implicadas neste obxectivo común, para incrementar o grao e a calidade da coordinación institucional por parte das administracións locais e autonómica, para contribuir a optimizar a accesibilidade aos recursos e as prestacións dos servizos de atención ás mulleres afectadas por situacións de violencia de xénero.

Tema: