A Xunta participa na comisión de investigación e seguimento da violencia de xénero do concello de Ourense

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou a importancia da coordinación entre institucións e os servizos públicos para loitar contra esta lacra social

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na Comisión de investigación e seguimento da violencia de xénero no concello de Ourense

Ourense, 9 de febreiro de 2016.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na Comisión de investigación e seguimento da violencia de xénero no concello de Ourense.

No encontro, abordáronse asuntos de interese como os procedementos de derivación a recursos de acollida, así como tamén se presentou un Protocolo de actuación e directorio de recursos ante a violencia de xénero, elaborado polo Goberno local como ferramenta de consulta, orientación, coordinación e información.

Durante a súa intervención, López Abella fixo especial fincapé na importancia da coordinación entre institucións e servizos públicos para loitar contra esta lacra social e atender con axilidade as necesidades das mulleres vítimas da violencia de xénero,

Indicou, ademais, que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos.

Tema: