A Xunta participa na clausura do proxecto ANAINAR posto en marcha polo concello de Cambre

O proxecto ten como principais obxectivos acadar unha actuación integral en igualdade, concretamente enfocada ao fomento da transversalidade de xénero na planificación municipal, de promoción da muller e da conciliación laboral

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta tarde na clausura do proxecto ANAINAR
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta tarde na clausura do proxecto ANAINAR, que tivo lugar no Centro sociocultural do Graxal, e que ten como obxectivos acadar unha actuación integral en igualdade, concretamente enfocada ao fomento da transversalidade de xénero na planificación municipal, de promoción da muller e da conciliación laboral.
 
O proxecto ANAINAR consta de 5 eixos fundamentais de actuación, que son a transversalidade do enfoque de xénero na planificación local e planificación estratéxica; o mentoring; accións de liderado feminino; iniciativas “familiarmente responsables” en entidades locais, sociais e empresas; e a coeducación en centros educativos e sensibilización social. Está financiado con 17.500 euros polo Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación Española de Municipios e provincias.
 
Segundo indicou López Abella, o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, é o idóneo para o desenvolvemento de accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, a prevención e a erradicación da violencia de xénero, así como para o establecemento das condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social, polo que nesta materia se vén traballando dende a Xunta de Galicia coas entidades locais no marco da colaboración e coordinación, para avanzar na consecución do obxectivo común de acadar unha sociedade igualitaria e coas mesmas oportunidades para mulleres e homes.
Tema: