A Xunta participa en Madrid na reunión onde se aprobou o documento definitivo para o pacto estatal contra a violencia de xénero

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou no grupo de traballo, que tivo lugar na Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade

Segundo indicou López Abella, este documento reflexa a importancia da coordinación entre as actuacións de todas as Administración Públicas e os axentes involucrados na loita contra a violencia de xénero

Madrid, 14 de xuño de 2017.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe no grupo de traballo no marco do Pacto de Estado contra a la Violencia de Xénero, na Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, onde foi aprobado o documento final para o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Segundo indicou López Abella, este documento reflexa a importancia da coordinación entre as actuacións das Administración Públicas e os axentes involucrados na loita contra a violencia de xénero, o que é fundamental para garantir a atención integral prevista pola lei, así como a efectividade das medidas de protección e fomentar unha maior participación do conxunto da sociedade na erradicación da violencia de xénero.

O documento aprobado recolle tamén a necesidade dunha coordinación total entre os distintos corpos e forzas de seguridade, tanto estatais como autonómicas, impulsar as mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero, o que xa se está facer na nosa comunidade, así como maior colaboración na loita contra a trata, impulsando convenios con distintos países para perseguir o delito de forma máis eficaz e garantir a protección das vítimas.

No relativo á asistencia e protección das vítimas, tanto mulleres como homes, foron recollidas todas as achegas que fan referencia ao dereito á asistencia integral das vítimas de violencia de xénero da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro; as relativas aos recursos destinados á asistencia e protección; ás que fan referencia a medidas de carácter integral e as que inciden nas garantías xurídicas. Incidindo especialmente na necesidade de incrementar ou mellorar a dotación dos servizos de asistencia e protección ás vítimas e aos seus fillos e fillas.

Nos recursos do ámbito da Xustiza, destacouse a necesidade de que nas sedes xudiciais se habiliten espazos apropiados para as vítimas.Acordouse a necesidade da revisión dos dereitos dos pais maltratadores sobre os seus fillos ou fillas, así como permitir que os menores fillos das mulleres vítimas poidan acceder a programas de atención e recuperación, entre outras múltiples medidas.

Tema: