A Xunta organizará xornadas de prevención da violencia sexual en colaboración coas universidades galegas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá no acto conmemorativo do Día internacional da Muller organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)

  •  A Xunta organizará xornadas de prevención da violencia sexual en colaboración coas universidades galegas

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá no acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller que organizou a Universidade de Santiago de Compostela, onde destacou a importancia das universidades na promoción da igualdade.

Por iso, e ao igual que o ano pasado, a Xunta e as tres universidades galegas organizarán Xornadas de prevención e sensibilización sobre a violencia sexual na mocidade nos 7 campus galegos a partir da vindeira semana.

Na súa intervención, a secretaria xeral puxo en valor de novo o papel da educación e da sociedade no seu conxunto para seguir construíndo unha sociedade en igualdade na que non existan barreiras de xénero.

Tema: