A Xunta mantén unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Na xuntanza presentáronlle á secretaria xeral as accións que van a desenvolver co empoderamento e a visibilización das mulleres socias de cooperativas

  •  A Xunta mantén unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias
  •  A Xunta mantén unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta maña unha xuntanza de traballo co presidente, José S. Montes Pérez e o director-xerente, Higinio Mougán, da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), na que abordaron distintas iniciativas en materia de igualdade entre homes e mulleres.

Na xuntanza presentoulle á secretaria xeral as accións que van a desenvolver en relación co empoderamento e a visibilización das mulleres socias de cooperativas, continuando coa acción xa iniciada en 2013, a través do Programa “Atrévete contigo mesma”, que consistiu en varias xornadas formativas en distintas cooperativas galegas para mulleres do medio rural co obxectivo de promover o emprendemento e o fomento do liderado das mulleres nos órganos de Decisión das Cooperativas Agroalimentarias de Galicia.

Susana López Abella indicou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade, estade convencidas de que para mellorar a situación das mulleres rurais é fundamental entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

Tema: