A Xunta mantén unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

A Secretaría Xeral da Igualdade concedeu a Acadar unha subvención de 38.437 euros para levar a cabo o Programa Re_Activa

 
  • A Secretaría Xeral da Igualdade concedeu a Acadar unha subvención de 38.437 euros para levar a cabo o Programa Re_Activa
  • A Secretaría Xeral da Igualdade concedeu a Acadar unha subvención de 38.437 euros para levar a cabo o Programa Re_Activa
  • A Secretaría Xeral da Igualdade concedeu a Acadar unha subvención de 38.437 euros para levar a cabo o Programa Re_Activa
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade mantivo unha xuntanza de traballo coa presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, Acadar, Mónica Álvarez San Primitivo, e coa coordinadora da Asociación, Mariluz Vázquez Regueiro.
 
A Secretaría Xeral da Igualdade, a través da convocatoria de axudas e subvencións para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade, concedeu a Acadar unha subvención de 38.437 euros para levar a cabo o Programa “Re_Activa. Servizo de atención integral a mulleres con discapacidade“.
 
O programa Re_activa está dirixido a mulleres con discapacidade, sen carácter excluínte de calquera outra situación de vulnerabilidade, con especial fincapé nas mulleres residentes de zonas rurais pouco poboadas. Priorízanse zonas pouco poboadas, e ten como obxectivo proporcionar unha atención integral ás mulleres con discapacidade potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida autónoma.
 
Ademais de informar sobre os recursos e servizos dispoñibles para as mulleres con discapacidade, deseñar estratexias individuais para favorecer a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais, promover crenzas racionais e actitudes positivas que potencien o desenvolvemento persoal da mulleres, incrementando a súa autoestima e fomentando estados de ánimo positivos; fomentar a comunicación entre as persoas de cara a reducir e/ou resolver conflitos; mellorar habilidades sociais básicas así como a comunicación verbal e non verbal; fomentar o empoderamento das mulleres para que tomen o control da súa propia vida; dotar ás mulleres das ferramentas e recursos suficientes para que poidan facer fronte a posibles situacións de violencia e/ou maltrato; e fomentar a creación de redes de apoio entre as mulleres beneficiarias do programa, especialmente nas residentes de zonas pouco poboadas.
Tema: