A Xunta mantén unha xuntanza coas representantes da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo

Dende o ano 1998, a Rede de Mulleres ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero

Nos últimos anos, a secretaria xeral da Igualdade subvencionou programas e actividades cun orzamento que ascendeu a máis de 90.000 euros

  • Dende o ano 1998, a Rede de Mulleres ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero
  • Dende o ano 1998, a Rede de Mulleres ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo unha xuntanza coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, concretamente coa coordinadora e voceira, Rosa Fontaiña e coa presidenta, María del Rosario Otero. Dende o ano 1998, a Rede de Mulleres ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero.

López Abella indicou que a secretaria xeral da Igualdade subvenciona programas e actividades a través de dúas ordes de convocatoria, de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade; e de asociacións e federacións de mulleres destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, que nos últimos anos ascendeu a máis de 90.000 euros.

A secretaria xeral lembrou que o pasado ano asinouse coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, un convenio de colaboración por importe de 10.000 euros para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás súas vítimas, enmarcadas na campaña de loita contra a violencia de xénero, dirixidas a sensibilizar á poboación sobre esta lacra, e accións de apoio social e acompañamento con vítimas da violencia machista: información, apoio na realización de trámites legais, apoio no intercambio de menores ou acompañamento a xuízos.

Tema: