A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentaron hoxe esta iniciativa

A Xunta lanza cos Bolechas unha campaña para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas

Distribuiranse 150.000 carteis e 100.000 marcapáxinas cun decálogo de consellos para que os xoguetes sexan iguais para nenos e nenas

  • A Xunta lanza cos Bolechas unha campaña para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas
  • A Xunta lanza cos Bolechas unha campaña para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas
  • A Xunta lanza cos Bolechas unha campaña para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentaron hoxe a campaña “Xoguetes para a igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”, que se lanza en colaboración cos Bolechas de cara o Nadal.

Ao abeiro desta iniciativa distribuiranse 150.000 carteis e 100.000 marcapáxinas cun decálogo de consellos, que se distribuirán nos centros comerciais, comercios, centros de ensino, centros de saúde e concellos.

A finalidade da campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar así contra os estereotipos de xénero que aínda persisten entre as xeracións máis novas.

Neste sentido, a secretaria xeral da Igualdade destacou que é importante concienciar a nenos e nenas de que poden xogar indistintamente co mesmo xoguete, de xeito que se fomenten desde as idades máis temperás unhas relacións de igualdade e cooperación. Ademais, puxo en valor que con esta actuación tamén se dá cumprimento a unha das propostas incluídas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que inclúe de xeito específico unha medida para fomentar xoguetes igualitarios

A directora xeral de Comercio e Consumo pronunciouse na mesma liña, resaltando a importancia de promover a igualdade desde a elección dos xogos e xoguetes dos nenos e nenas, que inflúen de forma decisiva na súa aprendizaxe. Igualmente, para as vindeiras compras de Nadal, recomendou realizar un consumo responsable que teña en conta a seguridade, a creatividade e os valores implícitos dos xoguete, rexeitando os que sexan sexistas ou inciten á violencia e apostando por agasallos que non sempre impliquen algo material.

Decálogo de consellos

O decálogo que se inclúe nos carteis e marcapáxinas inclúe unha serie de consellos de utilidade á hora de escoller un xoguete para a igualdade. Así, entre outros aspectos, destacase a necesidade de non facer diferenzas á hora de escollelos, nin pensar que hai cores máis axeitados para un ou outro sexo.

Ademais, tamén se fai fincapé en que é positivo decantarse por produtos que fomenten relacións colaboradoras e favorezan a imaxinación, libre de prexuízos sexistas. Do mesmo xeito, recomenda optar por xoguetes, xogos ou libros nos que se nomee e estean presentes tanto nenas como nenos.

Tema: