A Xunta inicia unha liña de colaboración coa asociación Alvixe para a atención de mulleres vítimas de violencia de xénero

Multimedia

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación para a loita contra a violencia de xénero (Alvixe), na que acordaron iniciar unha liña de colaboración entre a entidade e a Administración autonómica.
 
A secretaria xeral destacou a importancia do traballo que desenvolven organizacións como Alvixe -que atende fundamentalmente á zona de Ferrolterra- e outras moitas asociacións galegas, que prestan unha atención próxima e especializada ás vítimas. Para apoialas na súa tarefa e coordinar os esforzos, a Xunta abre liñas de colaboración directa con estas entidades e habilita ordes de axudas destinadas a financiar os programas que desenvolven.
Tema: