A Xunta incide na necesidade de promover, fortalecer e dinamizar o movemento asociativo feminino como clave para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta tarde na entrega de diplomas dos talleres “Emprendemento e Motivación en feminino” orrganizados pola asociación Edeid@des

  • A Xunta incide na necesidade de promover, fortalecer e dinamizar o movemento asociativo feminino como clave para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero
  • A Xunta incide na necesidade de promover, fortalecer e dinamizar o movemento asociativo feminino como clave para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018.-   A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu na necesidade de promover, fortalecer e dinamizar o movemento asociativo feminino como elemento clave do cambio de valores e da transformación necesaria para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero.
 
Susana López Abella participou esta tarde na entrega de diplomas dos talleres de “Empoderamento e Motivación en Feminino”, levados a cabo pola asociación Edeid@des, para a integración laboral e social da muller e que contaron cunha axuda da Xunta a través da orde de axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación da mulleres por importe de preto de 2.000 euros.
 
López Abella indicou que é necesario contribuír a impulsar e dinamizar a vida das asociacións de mulleres, na procura da potenciación dos seus valores e finalidades, polo que resaltou a importancia de levar a cabo este tipo de talleres que tiñan entre os seus contidos, o traballo da autoestima e do empoderamento das mullleres, utilizando expertas en coaching educativo, de equipos e profesional. Ademais de psicólogas expertas e empresarias especializadas en intelixencia emocional e desenvolvemento persoal.
 
Lembrou que o VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, conta cunha área estratéxica sobre Igualdade na participación e no liderado que ten coma obxectivo específico, fomentar a participación das mulleres en condicións de igualdade en todas as esferas da sociedade e incrementar a súa presenza nos ámbitos de decisión e influencia das estruturas sociais, políticas, económicas e profesionais, ao tempo que se potencia o seu liderado.
Tema: