A Xunta incide na importancia dos Centros de Información á Muller na loita contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Conso Frieiras, que presta servizo aos concellos da Gudiña, Riós, A Mezquita e Vilariño de Conso

Este CIM é un dos novos centros que se puxeron en marcha este ano na nosa Comunidade, xunto ao CIM da Mancomunidade de Verín e o CIM de Mos

  • O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Conso Frieiras
  • O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Conso Frieiras
  • O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Conso Frieiras

Riós (Ourense), 20 de setembro de 2017.- O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Conso Frieiras, que presta servizo aos concellos da Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso e Riós, sendo un exemplo de cooperación entre as administracións máis próximas aos cidadáns na loita contra a violencia de xénero.

Alfonso Rueda que estivo acompañado na visita polos alcaldes das localidades, e pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, indicou que este CIM é un dos novos centros que se puxeron en marcha este ano na nosa Comunidade, xunto ao CIM da Mancomunidade de Verín e o CIM de Mos. A Xunta valora a importancia da apertura dos novos CIM no medio rural.

O vicepresidente destacou a importancia da apertura dun novo CIM e de que este sexa mancomunado entre varios concellos. Insistiu en que tódolos pasos que se dean nesta loita deben ser cara adiante, cara a ter máis CIM e máis recursos, e recordou que namentres haxa unha muller que precise axuda xurídica, psicolóxica ou de calquera tipo, aí estarán os 82 Centros de Información á Muller e a Xunta para axudar no que sexa posible. Nos CIM as mulleres que o precisan poden solicitar axuda e información, pero non só as mulleres vítimas de violencia de xénero, senón tamén os seus familiares.

Alfonso Rueda destacou o esforzo feito pola Xunta de Galicia para o mantemento dos CIM e recordou que o Goberno autonómico achegou a estes centros máis de 4,2 millóns de euros, o que amosa o compromiso do Goberno galego en prol da loita contra a violencia de xénero.
No caso do CIM da Mancomunidade de Conso Frieiras, que leva funcionando catro meses, se atenderon 90 consultas e a 13 persoas. Está atendido por una asesora xurídica e unha psicóloga, e está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.

Tema: