A Xunta incide na importancia de seguir reforzando a prevención da violencia de xénero entre a mocidade

  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, incidiu hoxe na importancia de seguir reforzando medidas de prevención da violencia de xénero entre a mocidade galega

Baiona (Pontevedra), 20 de novembro de 2017.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, incidiu hoxe na importancia de seguir reforzando medidas de prevención da violencia de xénero entre a mocidade galega.

Susana López Abella visitou a mostra no Centro Público Dolores Agrelo, acompañada do alcalde, Ángel Rodal e da concelleira de Igualdade, Carmen Parede, onde indicou que a exposición “ violencia de xénero...Dille NON!”, promovida pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

López Abella destacou a importancia destas iniciativas dirixidas aos adolescentes, xa que constitúen un colectivo especialmente vulnerable e que exposto, ademais, a novas formas de malos tratos a través das redes sociais, como o ciberacoso, o sexting ou o ciberbullying.

Esta exposición inscríbese no conxunto de actuacións que está impulsando o Goberno galego nos concellos adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Está enfocada para axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.

Tema: