A Xunta incide na importancia da loita contra a mutilación xenital feminina en defensa dos dereitos humanos das nenas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na mesa redonda “Mutilación xenital feminina: Violación dos dereitos humanos”

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na mesa redonda “Mutilación xenital feminina: Violación dos dereitos humanos”
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na mesa redonda “Mutilación xenital feminina: Violación dos dereitos humanos”
Ourense, 10 de outubro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que a mutilación xenital feminina é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e das nenas, unha manifestación especialmente cruel da discriminación por razón de xénero xa que é un acto de violencia que se exerce contra as mulleres e as nenas polo feito de selo. É, en definitiva, un desafío global aos dereitos humanos, individuais e colectivos.
 
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu á inauguración da exposición “Erradiquemos a mutilación xenital feminina” xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Esta exposición foi cedida pola Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad que está composta por 35 ilustracións seleccionadas no I Concurso de Ilustración “ Campaña de Erradicación de la Mutilación Genital Femenina".
 
Na súa intervención, López Abella explicou que no Pleno do Observatorio Estatal da Infancia foi aprobado a actualización do Protocolo básico de intervención contra o maltrato infantil no ámbito familiar, no suposto de menores de idade vítimas de violencia de xénero e algunhas formas de violencia contra as nenas, onde se fai referencia á mutilación xenital feminina e aos matrimonios forzados como unha forma de maltrato infantil intrafamiliar.
 
A mutilación xenital feminina está tipificada como un delito penal e por iso a Estratexia Nacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller 2013-2016, contén un eixo específico denominado “Visibilización doutras formas de violencia sobre a muller”, dado que, xunto á violencia de xénero tamén é importante avanzar noutras formas de violencia sobre a muller para, progresivamente, visibilizalas e coñecelas, e actuar así eficazmente contra elas, como é o caso da mutilación xenital feminina.
 
Para logralo, está a traballarse en colaboración con organizacións especializadas, en promover accións que dean a coñecer á sociedade a gravidade da mutilación xenital feminina e permitan aos profesionais incidir na prevención, detección e tratamento da mesma como o Protocolo Común Sanitario, aprobado polo Ministerio de Sanidade Servizos Sociais e Igualdade no ano 2015, sobre mutilación dirixido aos profesionais dos servizos sanitarios, e que ten como obxectivo fundamental a formación e as actuacións homoxéneas no conxunto do Sistema Nacional de Saúde, que permitan mellorar a saúde das mulleres e nenas ás que se practicou a mutilación xenital feminina no seu país de orixe, así como traballar na prevención e detección do risco da súa práctica en nenas que, polo seu contexto familiar, están nunha situación de especial vulnerabilidade.
Tema: