A Xunta impulsa unha nova campaña para concienciar á mocidade dos riscos do sexting

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o director e fundador de ‘Pantallas Amigas’, Jorge Flores, presentaron en rolda de prensa os detalles desta iniciativa

O proxecto ‘Pensar antes que sextear’ consiste nun decálogo con consellos para facer desta práctica unha actividade máis segura

Dá continuidade á campaña que se iniciou en 2014 baixo o lema ‘10 razóns para non practicar sexting’

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o director e fundador de ‘Pantallas Amigas’, Jorge Flores, presentaron en rolda de prensa os detalles desta iniciativa

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentaron esta mañá unha nova campaña para concienciar á mocidade dos riscos do sexting, unha práctica que consiste no envío de imaxes íntimas de forma voluntaria por parte de quen as protagoniza a través do smartphone. No acto tamén estivo presente o director e fundador de Pantallas Amigas, Jorge Flores, como parte impulsora e colaboradora no proxecto.

O obxectivo da iniciativa Pensar antes de sextear é dar continuidade á campaña que se iniciou en 2014, tamén en colaboración con Pantallas Amigas, baixo o lema 10 razóns para non practicar sexting. Así, pretende afondar na percepción das novas xeracións dixitais en torno aos novos formatos de desigualdade e constitúe, ao tempo, un paso necesario para deseñar estratexias de fomento da igualdade e prevención da violencia machista.

Trátase, ademais, dunha iniciativa moi necesaria tendo en conta que actualmente 9 de cada 10 adolescentes de 14 anos anos xa teñen móbil; que os smartphones se están empregando unha media de 5 horas diarias; e que 1 de cada 3 adolescentes de entre 12 e 14 anos practica sexting e recibe contidos sexual no seu móbil.

Polo tanto, o sexting é unha práctica con crecente prevalencia e que forma parte das relacións entre persoas dun abano de idades cada vez máis amplo. Con todo, debe considerarse unha actividade de risco, xa que en moitas ocasións a persoa que a realiza acaba converténdose en vítima, por culpa dun descoido, unha casualidade, unha equivocación ou a mala fe de terceiras persoas.

Por iso, a campaña presentada hoxe consiste nun decálogo de consellos e de medidas de autoprotección que permiten aumentar as garantías de privacidade ou seguridade nas prácticas que a mocidade desenvolve a través das redes sociais.

Así, entre outros consellos, recorda que a decisión de enviar unha imaxe íntima debe tomarse sen ningún tipo de presión ou ameazas e sempre enviarse a persoas merecedoras de confianza. Tamén recomenda excluír das imaxes partes que permitan coñecer a identidade de quen as envía (rostro, marcas corporais...), así como metadatos como a xeolocalización. Ademais, aconsella evitar o uso de redes inalámbricas públicas e eliminar todas as imaxes íntimas, tanto do teléfono como da nube.

As imaxes da campaña, listas para ser compartidas en redes sociais, están dispoñibles na páxina web http://sextingseguro.com/xunta.

Tema: