A Xunta impulsa novas accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asinaron esta mañá un convenio de colaboración neste sentido

  •  A Xunta impulsa novas accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural
  •  A Xunta impulsa novas accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural
  •  A Xunta impulsa novas accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural

Boqueixón (A Coruña), 17 de abril.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asinaron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar novas medidas para loitar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito rural. No acto estiveron acompañados pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

O obxectivo deste acordo, dotado con algo máis de 780.000 euros, é seguir fomentando o compromiso transversal do conxunto do Goberno galego na execución do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Neste marco, xa se foron asinando outros acordos para poñer en marcha actuacións específicas en eidos como a cultura, o turismo, a educación, a vivenda, o deporte ou as políticas sociais.

Entre outras medidas, ao abeiro deste convenio executaranse campañas sobre detección e prevención da violencia contra a muller no ámbito rural e accións de información sensibilización e formación sobre esta cuestión a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural.

Tamén se impulsará a posta en marcha dun programa de contratación de mulleres que sufriran violencia de xénero en empresas e/ou entidades forestais e agrogandeiras, co obxectivo último de defender o dereito das mulleres, tamén no rural, a vivir en igualdade e a salvo da violencia de xénero.

A Xunta reafirmou o seu compromiso por seguir traballando para potenciar o papel da muller no agro e loitar contra a violencia de xénero, moi especialmente entre o rural e a mocidade, dous ámbitos onde os estudos constatan que é necesario facer máis fincapé.

Tema: