A Xunta formará a axentes da policía local en violencia de xénero no último trimestre para garantir unha atención integral ás vítimas

A convocatoria inclúe 60 cursos descentralizados presenciais de 12 horas nun total de 40 concellos galegos

  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, presentaron hoxe o plan de formación
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, presentaron hoxe o plan de formación
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, presentaron hoxe o plan de formación

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019.-


A convocatoria inclúe 60 cursos descentralizados presenciais de 12 horas nun total de 40 concellos galegos.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 60 cursos descentralizados dirixidos a axentes da policía local dos concellos galegos sobre como levar a cabo unha primeira intervención policial ante situacións de violencia de xénero. Esta iniciativa levada a cabo pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade enmárcase nas actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, presentaron hoxe este plan que ten como obxectivo ofrecer aos axentes unha formación completa e integral en violencia de xénero a través de 60 cursos presenciais de 12 horas con 25 prazas dispoñibles para cada un deles. Os módulos celebraranse ata final de ano en 40 concellos galegos e nas sete grandes cidades contarán con varias edicións.

Os axentes da policía local adquirirán a través desta Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019formación coñecementos sobre o tratamento policial das vítimas de violencia de xénero e os protocolos de actuación que se deben seguir desde o ámbito policial. Desta forma, o plan de formación pretende reforzar a formación na materia dos efectivos da Policía Local en Galicia. Máis de 40 profesionais especializados na formación en igualdade, avogacía, psicoloxía e da Policía Local exercerán como docentes e impartirán contidos relacionados coa perspectiva de xénero, os delitos de violencia de xénero, a atención psicolóxica ás vítimas e a intervención policial nestes casos.

Estes cursos destinados a policías locais volverán convocarse en 2020 coa finalidade de chegar á totalidade dos 2900 axentes do corpo de seguridade que traballan na comunidade. Ademais, o próximo outubro a Agasp convocará a formación sobre violencia de xénero dirixida ao persoal da Garda Civil e da Policía Nacional con destino en Galicia. Así, acadarase unha coordinación nas actuacións en violencia de xénero e que todo o colectivo de seguridade pública en Galicia estea formado nesta materia, o que supón unha maior sensibilización sobre o tema entre os axentes e unha mellor atención para as vítimas.