A Xunta forma a preto de 60 profesionais en novas técnicas para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos menores

Trátase dun obradoiro de xogos terapéuticos, por unha banda, e por outra, da técnica da caixa de area para o tratamento do trauma

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o Centro de Recuperación Integral, onde se realiza esta formación

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o Centro de Recuperación Integral, onde se realiza esta formación

Santiago, 30 de novembro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, está a formar estes días a preto de 60 profesionais dos CIM (centros de información ás mulleres), así como do Centro de Emerxencias de Vigo (Cemvi) y do Centro de Recuperación Integral (CRI) de Santiago en novas técnicas para a atención e intervención a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos menores.

Trátase dun obradoiro de xogos terapéuticos, por unha banda, e por outra, da técnica da caixa de area para o tratamento do trauma. Ambos os dous obradoiros teñen lugar no Centro de Recuperación Integral (CRI) de Santiago ao longo desta semana. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o centro onde se está a impartir esta formación.

No obradoiro de xogos terapéuticos preséntanse diferentes técnicas, debuxos xogos e exercicios para realizar con menores nas que se traballan aspectos tales como a ansiedade, os medos, o autocontrol, a autoestima ou a educación emocional. Realízanse de dinámicas diversas e parte vivencial.

A caixa de area, pola súa banda, é unha técnica psicoterapéutica non verbal e non instrusiva para o tratamento do trauma. O método consiste na creación dunha escena con figuras en miniatura nunha caixa de area, baixo a presenza da/o profesional. É unha técnica indicada para a apoiar na reparación tras o trauma causado pola violencia.

Ambos obradoiros enmárcanse dentro do Plan de formación en violencia de xénero para profesionais dos Centros de Información ás Mulleres de Galicia.

Tema: