A Xunta financia o programa Oímbra verán de apoio á conciliación das familias galegas no que participan 40 nenas e nenos de entre 3 e 14 anos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as actividades que se desenvolven nesta iniciativa, que a Administración galega apoia con máis de 50.000 euros desde 2015

O Goberno galego destinou este ano a estas axudas 1,4 millóns en toda Galicia dos que máis de 450.000 euros investíronse na provincia de Ourense, o que permitiu financiar 28 programas de conciliación chegando a 41 concellos e 1.049 familias

Lorenzana destacou que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes fai fincapé na igualdade e no benestar laboral, así como na importancia da conciliación da vida persoal e profesional

Avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027

  • A Xunta financia o programa Oímbra verán de apoio á conciliación das familias galegas no que participan 40 nenas e nenos de entre 3 e 14 anos

Oímbra (Ourense), 2 de agosto de 2022.-

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou hoxe en Oímbra a importancia de impulsar e apoiar desde as administracións a conciliación corresponsable que, nas súas verbas, implica “superar a visión da conciliación como un asunto de mulleres”. Lorenzana, na visita que desenvolveu ao programa municipal Oímbra Verán, sinalou que “todos debemos traballar para fomentar a conciliación e crear sinerxías para harmonizar as nosas vidas e facer un uso racional e máis axeitado dos nosos tempos”.

Oímbra Verán é unha iniciativa que a Xunta apoia desde 2015 con máis de 50.000 euros. Este ano, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinou 12.000 euros a financiar esta actividade na que están a participar en torno a 40 nenas e nenos entre 3 e 14 anos. As axudas forman parten dunha orde de apoios aos que se destinaron para toda Galicia 1,4 millóns de euros en 2022. Na provincia de Ourense, o investimento superou os 450.000 euros, o que permitiu poñer en marcha 28 programas de conciliación en 41 concellos. As iniciativas que se están a desenvolver en toda a provincia están a beneficiar a 1.049 familias e 1.378 menores de 18 anos.

En Oímbra, segundo resaltou a conselleira, o programa ofrece múltiples actividades, como clases de inglés, excursións, ximnasia ou bricolaxe.

A conciliación é un eixo prioritario das políticas da Xunta, un ámbito ao que só a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano máis de 16 millóns de euros, máis do triplo que en 2021. Lorenzana tamén puxo en valor que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional.

Así mesmo, avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027.