A Xunta fai entrega do premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou o Premio María Josefa Wonenburger 2018 nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos

Estévez dirixe o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia

Ten unha decena de patentes de vacinas que prevé enfermidades en peixes de consumo habitual, fundamentalmente rodaballo e troita

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias

  • A Xunta fai entrega do premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez
  • A Xunta fai entrega do premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez
  • A Xunta fai entrega do premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez
  • A Xunta fai entrega do premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou o Premio María Josefa Wonenburger 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo pola súa contribución á visibilidade das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.

Alicia Estévez está licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende o ano 1991 é catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Bioloxía no ano 1980. Levou a cabo a actividade postdoutoral nas universidades norteamericanas de Maryland e Oregon. As súas principais liñas de investigación céntranse na patoloxía bacteriana en Acuicultura. Dirixe, xunto a Juan Luis Barja, o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia, no que está traballando unha trintena de investigadores. Ten publicado máis de 200 artigos en revistas científicas e case una trintena de capítulos de libros. Foi Premio Fin de Carreira do Ministerio de Educación e Ciencia e Premio Nacional de Investigación "Jaime Ferrán" da Sociedad Española de Microbiología.

O premio Wonenburger, que foi creado polo goberno galego, resalta as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaria Xeral da Igualdade. Nas anteriores edicións foron distinguidas Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola, Peregrina Quintela e Begoña Vila Costa. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias.