Xunta e universidades colaboran para visibilizar a violencia sexual entre a mocidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou a II Xornada de Prevención e Sensibilización sobre Violencia Sexual na Mocidade

Pontevedra, 28 de marzo de 2019.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración da II Xornada de Prevención e Sensibilización sobre violencia sexual na mocidade, que tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra ,e que da por rematado o percorrido polos sete campus das tres universidades galegas.

Susana López Abella agradeceu a colaboración das tres universidades galegas para a realización do encontro, que contou coa participación da directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, o director do Campus Crea, Carlos Douro, e decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Xosé Manuel Baamonde.
Segundo relatou a secretaria xeral, esta xornada enmárcase dentro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. A norma implica ás Universidades na realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario. Ademais, a lexislación premia a realización de campañas de prevención nos propios Campus, como esta xornada. López Abella incidiu en que a violencia sexual, os abusos sexuais e o acoso sexual son formas de violencia de xénero e así o tipifica a Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Tema: