Xunta e universidades colaboran para visibilizar a violencia sexual entre a mocidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou este martes a II Xornada de Prevención e Sensibilización sobre Violencia Sexual na Mocidade

  • Xunta e universidades colaboran para visibilizar a violencia sexual entre a mocidade
  • Xunta e universidades colaboran para visibilizar a violencia sexual entre a mocidade

Vigo, 26 de marzo.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou este martes na inauguración da II Xornada de Prevención e Sensibilización sobre violencia sexual na mocidade, que tivo lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Alí agradeceu a colaboración das tres universidades galegas para a realización do mencionado encontro, que contou coa participación de destacados profesionais, como a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa, a vicerreitora de Responsabilidade Social, Maribel Doval Ruiz, e a vicedecana de Relacións Internacionais, Maribel del Pozo Triviño.

Segundo relatou a secretaria xeral, esta xornada enmárcase dentro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. A norma implica ás Universidades na realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario. Ademais, a lexislación premia a realización de campañas de prevención nos propios campus, como esta xornada.

López Abella incidiu en que a violencia sexual, os abusos sexuais e o acoso sexual son formas de violencia de xénero. A Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, no seu artigo 3 as tipifica como tales. As violacións en España necesitan a denuncia da persoa agredida pero, tal e como indicou López Abella, en moitas ocasións é un paso difícil de dar. A secretaria xeral cerrou a inauguración da xornada mostrándose firme contra todas as formas de violencia contra a muller.

Tema: