A Xunta e o Concello de Lousame colaboran nun programa de conciliación da vida persoal e laboral

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o espazo onde se desenvolve esta iniciativa

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o espazo onde se desenvolve esta iniciativa
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o espazo onde se desenvolve esta iniciativa
  • La secretaria general de la Igualdad, Susana López Abella, visitó hoy el espacio donde se desarrolla esta iniciativa

Lousame (A Coruña), 3 de xullo de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o concello de Lousame para coñecer de primeira man o seu programa de conciliación, no que a Xunta colaborou en 2016 cunha achega de preto de 8000 euros.

A secretaria xeral e a alcaldesa do concello, Teresa Villaverde, visitaron hoxe o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, onde se realiza o programa Lousame Concilia. A iniciativa consiste nun servizo de atención e coidado de menores en períodos que facilitan a conciliación entre os horarios laborais e persoais dos pais e nais coas horas non lectivas dos menores. Préstase durante o curso escolar e tamén durante as vacacións.

Ademais de facilitar a conciliación, outra das bondades do programa é que oferta aos nenos e nenas un espazo lúdico no que interactuar con outros menores, un factor especialmente importante nalgúns núcleos do medio rural.

O Goberno galego subvencionou esta iniciativa ao abeiro da orde de axudas e subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción de igualdade en 2016. Para este ano 2017, a convocatoria desta orde de axudas está dotada con máis de 4,2 millóns de euros para toda Galicia.

Tema: