A Xunta e a Escola de Organización Industrial destinan 6 millóns de euros para impulsar proxectos conxuntos en materia de igualdade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación EOI, Fernando Bayón, asinaron hoxe o convenio de colaboración para actuacións conxuntas no eido da igualdade

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación EOI, pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, Fernando Bayón, asinaron hoxe un convenio

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación EOI, pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, Fernando Bayón, asinaron hoxe un convenio polo que se destinan un total de 6 millóns de euros para proxectos conxuntos en materia de igualdade.

O obxecto do convenio é o desenvolvemento conxunto de actividades, programas e actuacións no seo do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para o período 2014-2020, mediante o programa “Plataforma Emprendemento en feminino” como impulso da innovación e a competitividade das emprendedoras e as Pemes galegas.

O proxecto ten entre os seus obxectivos potenciar e fortalecer a iniciativa empresarial feminina e o emprendemento innovador feminino en Galicia, favorecendo o Plan Impulsa galego, a través de diferentes iniciativas vertebradas en torno ás oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías, impulsando a innovación e competitividade e ofrecendo servizos de valor ás mulleres emprendedoras.

Programa ‘Emprendedoras Galicia'
Tras a sinatura, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou o Programa ‘Emprendedoras Galicia’, que ten como principal obxectivo potenciar e fortalecer a iniciativa empresarial das mulleres galegas; e apoiar aqueles proxectos cun carácter especialmente innovador. Se trata, en definitiva, de impulsar a innovación e a competitividade das emprendedoras e das pemes galegas.

Poderán beneficiarse de forma gratuíta máis de cen emprendedoras e pemes galegas que queiran mellorar a súa empresa a través da innovación e, sobre todo, a comercialización dos seus produtos e servizos, con especial atención ao ámbito rural. Serán beneficiarias de consultarías personalizadas, presenciais e gratuítas onde poderán mellorar o seu plan de negocio, a súa comercialización, o uso das tecnoloxías da información e redes sociais, a diferenciación dos seus produtos, etc.

Para iso, desenvolverase unha plataforma de comercialización que pretende converterse nun punto de encontro das emprendedoras galegas en todo o relativo o seu proceso de creación e consolidación.