A Xunta e a Delegación de Goberno reúnense para seguir mellorando a coordinación ante a violencia de xénero

  • A Xunta e a Delegación do Goberno reúnense para seguir mellorando a coordinación ante a violencia de xénero
  • A Xunta e a Delegación do Goberno reúnense para seguir mellorando a coordinación ante a violencia de xénero

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a responsable da área de violencia de xénero da Delegación de Goberno, María Debén, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo para seguir mellorando a coordinación ante a violencia de xénero. No encontro tamén tomaron parte as responsables de violencia sobre a muller das subdelegacións provinciais.

A Xunta defende que a eliminación da violencia contra a muller é un reto conxunto da sociedade, que require da acción unitaria e a máxima coordinación e cooperación por parte das institucións públicas, segundo o seu ámbito competencia. Para conseguir avances e unha atención integral ás vítimas, é necesario acadar un compromiso desde todos os ámbitos, alcanzar acordos e impulsar a loita contra a violencia de xénero como un asunto prioritario na axenda.

Tema: