Xunta e Delegación de Goberno manteñen unha xuntanza para seguir mellorando a coordinación na loita contra a violencia de xénero

  • Xunta e Delegación de Goberno manteñen unha xuntanza para seguir mellorando a coordinación na loita contra a violencia de xénero

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2018.-  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a nova coordinadora de Igualdade e Loita contra a violencia de xénero da Delegación de Goberno en Galicia, María Debén, mantiveron hoxe a súa primeira xuntanza de traballo.
 
O obxectivo do encontro foi seguir mellorando o traballo de coordinación entre ambas administracións na materia para prestar a mellor e máis eficaz atención ás vítimas. Ademais, acordaron tamén manter a partir de agora reunións bimensuais para facer un seguimento desta coordinación, que tamén se estende a outros organismos como o Observatorio galego de Violencia de Xénero, presidido e impulsado pola Xunta, e do que tamén forma parte a Delegación de Goberno.
Tema: