A Xunta destaca o traballo do asociacionismo feminino na eliminación de discriminacións e a mellora da situación das mulleres

A secretaria xeral da Igualdade anunciou que este ano se manterá a orde de axudas anual para o fomento do asociacionismo e participación das mulleres


O ano pasado o crédito destinado desde Igualdade para as asociacións de mulleres da provincia de Lugo foi de preto de 30.000 euros

  • A secretaria xeral da Igualdade entregou os diplomas en Lugo
  • A Xunta destaca o traballo do asociacionismo feminino na eliminación de discriminacións e a mellora da situación das mulleres
  • A Xunta destaca o traballo do asociacionismo feminino na eliminación de discriminacións e a mellora da situación das mulleres

Lugo, 5 de febreiro de 2013. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, fixo entrega esta tarde dos diplomas dun curso de prevención de violencia de xénero, organizado pola Asociación E-Deid@des e financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da orde de axudas anual para o fomento do asociacionismo e participación das mulleres.

A este respecto, López Abella aproveitou o acto para anunciar que estas axudas se manterán este 2013, xa que desde a Xunta se considera que o asociacionismo feminino é unha canle fundamental para proporcionar ás mulleres “máis oportunidades, máis información, máis formación e máis participación en todos os eidos da vida, económica e social”.

O ano pasado o crédito destinado desde Igualdade para as asociacións de mulleres da provincia de Lugo foi de preto de 30.000 euros, cos que se puideron financiar ata 16 proxectos na provincia. Unha das beneficiarias foi E-Deid@des, a cuxa presidenta, Beatriz Varela, a secretaria xeral agradeceulle especialmente o seu traballo en prol da promoción da igualdade entre mulleres e homes.

“Dende a Xunta de Galicia apoiamos decididamente ás asociacións de mulleres dinámicas e activas que se implican na eliminación das discriminacións e que impulsan a realización de proxectos e actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres” asegurou López Abella, ao tempo que reiterou unha vez máis a aposta do Goberno galego para “fortalecer, consolidar e dinamizar o movemento asociativo feminino”.

A Secretaria Xeral da Igualdade ten dúas liñas de axudas dirixidas á realización de programas de actividades. Unha para a realización de actuacións relativas á prevención, sensibilización e concienciación social, que fagan fincapé en sensibilizar á sociedade e destaquen os valores de igualdade e respecto, como premisas básicas na prevención da violencia de xénero; e doutra banda, en concordancia coas accións que está a promover o Goberno galego, para que a poboación galega teña unha maior calidade de vida