A Xunta destaca o traballo das universidades na prevención e na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta semana por videoconferencia coas directoras das Oficinas de Igualdade das tres universidades galegas para avaliar as actividades realizadas no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

O Goberno galego asinou o ano pasado neste sentido tres convenios coas universidades de Santiago, Vigo e A Coruña dotados con 300.000 euros, cunha achega de 100.000 euros a cada unha das tres institucións académicas

  • La Xunta destaca el trabajo de las universidades en la prevención y en la lucha contra la violencia de género
  • La Xunta destaca el trabajo de las universidades en la prevención y en la lucha contra la violencia de género
  • La Xunta destaca el trabajo de las universidades en la prevención y en la lucha contra la violencia de género

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2020.-

A Xunta destaca o traballo realizado polas universidades galegas no desenvolvemento de accións para a sensibilización e a prevención de todas as formas de violencia de xénero, ao abeiro dos tres acordos asinados no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, dotados cun total de 300.000 euros, dos que corresponden 100.000 euros a cada unha das tres institucións académicas.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta semana por videoconferencia coas directoras das Oficinas de Igualdade da Universidade de Santiago, Eva Aguayo; da Universidade de Vigo, Águeda Gómez; e da Universidade da Coruña, Margarita Novales. Nestes encontros, a Xunta e as universidades fixeron balance das distintas actuacións levadas a cabo polas tres institucións académicas para a prevención e a loita contra a violencia machista a través de obradoiros, xornadas, cursos, seminarios, conferencias, estudos e mesmo proxectos de investigación.

A Administración autonómica asinou o ano pasado coas tres universidades galegas acordos para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero como reforzar e ampliar os valores igualitarios e a educación afectivo-sexual ou incluír en todas as etapas educativas a prevención da violencia de xénero.

Entre as actuacións financiadas destacan tamén a implicación das Unidades de Igualdade das universidades na realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario; a formación permanente a docentes en prevención da violencia de xénero; o deseño de programas de prevención, detección e protocolos especializados; ou a actualización dos existentes en atención e actuación das diferentes violencias sexuais, sobre as que tamén se fomenta a investigación.

En virtude destes acordos -dotados con 100.000 euros cada un- as universidades desenvolveron medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Máis en concreto en dous eixos: o de sensibilización e prevención, e o de visualización e atención a outras formas de violencia contra as mulleres, en tanto son os eidos onde estas institucións académicas teñen máis que achegar.

Esta nova colaboración complementa o traballo que xa viñan desenvolvendo as universidades a través das súas Oficinas de Igualdade e o resto de actuacións que xa executaban en colaboración coa Xunta, como as xornadas contra a violencia sexual.