A Xunta destaca o traballo da ONCE para mellorar a vida das mulleres con discapacidade de Galicia

A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe nas Xornadas de igualdade e violencia de xénero nas mulleres con discapacidade organizado pola ONCE

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o traballo da ONCE para mellorar a vida das mulleres con discapacidade de Galicia

A Coruña, 17 de marzo de 2014. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o traballo da ONCE para mellorar a vida das mulleres con discapacidade de Galicia.

López Abella participou hoxe nas Xornadas de igualdade e violencia de xénero nas mulleres con discapacidade organizado pola Once, na cidade de A Coruña, onde aproveitou o acto para incidir na importancia da formación dos profesionais para que poidan detectar rapidamente os malos tratos e así actuar eficazmente no seu tratamento.

Na mesma liña, a titular da Igualdade indicou que o acceso máis áxil das mulleres con discapacidade aos recursos públicos especializados en materia de violencia de xénero e a sensibilización son uns dos instrumentos fundamentais e máis importantes para a Secretaria Xeral de Igualdade.

Así, López Abella animou á ONCE a seguir traballando firme e decididamente cos obxectivos de erradicar a violencia de xénero, o empoderamento da muller con discapacidade, a reivindicación do cambio social, o incremento da autonomía e a participación e a continuar traballando para mellorar a vida das mulleres con discapacidade.

O goberno galego aprobou o VI Plan Galego para a igualdade entre homes e mulleres que recolle actuacións orientadas á mellora da información e empoderamento das mulleres con discapacidade vítimas da violencia de xénero, coma a promoción da educación sexual, a promoción da formación especializada, a atención especial ás vítimas, e os tratamentos de urxencia.

Tema: 
Colectivo: