A Xunta destaca o papel das universidades galegas na loita contra a violencia de xénero e as violencias sexuais

López Abella agradeceu ás tres universidades galegas a súa implicación para construír unha sociedade en liberdade e en igualdade

Multimedia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da VI Xornada Universitaria Galega en Xénero

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da VI Xornada Universitaria Galega en Xénero, onde agradeceu ás tres universidades galegas a súa implicación para construír unha sociedade en liberdade e en igualdade. López Abella mostrouse convencida de que a Universidade é o ámbito de socialización que máis inflúe na aprendizaxe das persoas, ámbito onde se debe fomentar a reflexión sobre os roles que rexen na sociedade así como traballar cara á consecución da igualdade real e na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias.

López Abella recordou que tense que sumar esforzos entre todos e todas para a eliminación da violencia contra as mulleres, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación e cooperación. Por iso, a Xunta de Galicia e as universidades galegas colaboran man a man en moitas iniciativas en prol da igualdade e na loita contra a violencia de xénero.

O pasado maio, se asinou coas tres universidades galegas un acordo para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero como reforzar e ampliar os valores igualitarios e a educación afectivo-sexual ou incluír en todas as etapas educativas a prevención da violencia de xénero, entre outras. O importe total dos tres convenios de colaboración é de 300.000 €, concretamente 100.000 € para cada unha das tres universidades.

Outras actuacións que lévanse a cabo son as de implicar ás unidades de Igualdade das Universidades na realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario; a formación permanente a docentes en prevención da violencia de xénero; ou deseñar programas de prevención, detección e protocolos especializados, ou actualizar os existentes en atención e actuación das diferentes violencias sexuais. Así mesmo fomentase a investigación en violencias sexuais.