A Xunta destaca o papel da universidade na sensibilización e formación da mocidade contra a violencia de xénero

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá a II Xornada de Prevención e Sensibilización sobre Violencia Sexual na Mocidade.

  • A Xunta destaca o papel da universidade na sensibilización e formación da mocidade contra a violencia de xénero
  • A Xunta destaca o papel da universidade na sensibilización e formación da mocidade contra a violencia de xénero
  • A Xunta destaca o papel da universidade na sensibilización e formación da mocidade contra a violencia de xénero

Lugo, 14 de marzo de 2019.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración da II Xornada de Prevención e Sensibilización sobre violencia sexual na mocidade, que tivo lugar na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, no Campus de Lugo. Alí agradeceu a colaboración das tres universidades galegas para a realización do mencionado encontro e que contou coa participación de profesionais destas tres institucións, coma a Decana da Facultade na que se realizou a charla, Begoña Barreiro, ou a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel.

Segundo relatou a secretaria xeral, esta xornada enmárcase dentro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. A norma implica ás Universidades na realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario. Ademais, a lexislación premia a realización de campañas de prevención nos propios Campus, como esta xornada.

López Abella incidiu en que a violencia sexual, os abusos sexuais e o acoso sexual son formas de violencia de xénero. A Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, no seu artigo 3 as tipifica como tales. As violacións en España necesitan a denuncia da persoa agredida pero, tal e como indicou López Abella, en moitas ocasións é un paso difícil de dar. A secretaria xeral cerrou a inauguración da xornada mostrándose firme contra todas as formas de violencia contra a muller.

Tema: