A Xunta destaca o labor das asociacións de mulleres rurais na eliminación de discriminacións e no impulso de proxectos emprendedores

A secretaria xeral da Igualdade e o delegado territorial da Xunta en Ourense inauguraron as ‘Xornadas de Desenvolvemento Rural’ en Cenlle

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou as Xornadas de Desenvolvemento Rural que se celebraron no Balneario de Laias, en Cenlle
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou as Xornadas de Desenvolvemento Rural que se celebraron no Balneario de Laias, en Cenlle
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou as Xornadas de Desenvolvemento Rural que se celebraron no Balneario de Laias, en Cenlle

Cenlle (Ourense), 26 de maio de 2013. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe en as ‘Xornadas de Desenvolvemento Rural’ en Cenlle, Ourense, nun acto no que reiterou o apoio da Xunta ás asociacións mulleres que se implican na eliminación das discriminacións e impulsan a realización de proxectos emprendedores e actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres do rural.

Este é precisamente o caso da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, organizadora do evento, que leva 15 anos traballando na provincia para acadar a igualdade real da muller do rural, fomentando a súa participación en tódolos ámbitos sociais e económicos e xerando iniciativas que permitan novos recursos para as mulleres e as persoas maiores como son os dedicados á conciliación de vida persoal, familiar e laboral e o fomento das redes de emprendemento feminino.

López Abella estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, co que coincidiu en que este tipo de asociacións son unha “canle fundamental” para proporcionar ás súas asociadas máis oportunidades, información e formación. Un labor fundamental se temos en conta que o colectivo de mulleres rurais en Galicia está constituído por unhas 450.000 mulleres.

A secretaria xeral lembrou que a administración galega traballa no fomento de novas actividades económicas e proxectos emprendedores que permitan unha transformación máis competitiva para o avance do medio rural, xerando así novas oportunidades de emprego, especialmente para as mulleres, das que depende en boa medida o futuro do rural galego. De aí, dixo, o importante labor das asociacións de mulleres do rural na difusión e posta en marcha de moitos programas deseñados e impulsados dende a Xunta de Galicia.

Contido: 
Colectivo: