A Xunta destaca a importancia do traballo feminino coma piar da nosa economía e sociedade

Galicia está entre as cinco comunidades autónomas con máis empresariado feminino, xunto a Cataluña, Andalucía, Madrid e a Comunidade Valenciana

A Coruña, 15 de abril de 2013. A Xunta destaca a importancia do traballo feminino coma piar da nosa economía e da nosa sociedade. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella impartiu hoxe una conferencia sobre “A Socioeconomía galega: en femenino”, no Salón de grados da Facultade de Economía y Empresa, no Campus de Elviña, onde incidiu que é necesario seguir traballando para facer visible a presenza feminina nos diferentes ámbitos da sociedade.

López Abella relatou que é fundamental garantir hoxe en día unha participación plena das mulleres en todas as estruturas de organización da sociedade a través de estereotipos relacionados coas capacidades das mulleres.

En palabras da titular de Igualdade, o emprendimento feminino está experimentando un aumento progresivo nos últimos anos, e Galicia está entre as cinco comunidades autónomas con máis empresariado feminino, xunto a Cataluña, Andalucía, Madrid e a comunidade valenciana.

Na mesma liña, Susana López Abella explicou que o goberno galego ten posto en marcha o Programa Emega, que é un programa de estimulo a mulleres emprendedoras de Galicia, que ofrece achegas económicas para apoiar a creación de empresas por mulleres, para iniciativas de mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres, e para a consolidación ou recuperación de proxectos empresariais liderados por mulleres que poidan ter dificultades de mantemento debido á crise.