A Xunta destaca a importancia de incorporar a perspectiva de xénero ao Traballo Social

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de graduación da 7ª promoción do grao en Traballo Social, onde animou aos novos titulados e tituladas a incorporar a perspectiva de xénero ao seu futuro labor profesional.

Ademais, López Abella puxo en valor o papel fundamental que desenvolven os traballadores sociais á hora de impulsar a mellora da calidade de vida das persoas, especialmente das máis desfavorecidas.

Tema: