A Xunta destaca a importancia de dar a coñecer, visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres á arquitectura

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na xornada “Hai arquitectas”, que contou coa participación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño

As Xornadas teñen como obxectivo reflexionar sobre o pasado, presente e futuro das mulleres na arquitectura

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na xornada “Hai arquitectas”
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na xornada “Hai arquitectas”

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou hoxe a importancia de dar a coñecer, visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres á arquitectura.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na xornada “Hai arquitectas”, que tivo lugar no Centro de Estudos Avanzados (Edificios CIEDUS) e contou coa participación da coordinadora do grupo de traballo “Hai mulleres” e co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño.
Tal e como indicou López Abella, o caso das arquitectas encerra certas singularidades, debido a que se trata dun grupo integrado nun colectivo profesional visibilizado como tradicionalmente masculino, en cuxas competencias e atribucións converxen a rama artística, a técnica e a científica.

Polo que, segundo indicou, é fundamental considerar a visibilización das arquitectas nos ámbitos profesionais, sociais e académicos. Así, no ano 2015 o Goberno galego recoñeceu co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente desde o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia, a Isabel Aguirre de Úrcola. directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Veiga e profesora titular de arquitectura na Universidade da Coruña.

Tema: