A Xunta destaca a importancia da iniciativa empresarial femenina no progreso do sector pesqueiro

Susana López Abella moderou hoxe un debate dentro do III Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro

Santiago, 6 de xuño de 2013. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a importancia da iniciativa empresarial feminina no progreso do sector pesqueiro, especialmente nun momento no que resulta necesario sumar esforzos e aportar novas ideas baseadas en mercados con potencial crecemento.

Susana López Abella moderou hoxe un debate dentro do III Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro, que ten lugar estes días en Santiago, onde destacou que é necesario potenciar a participación das mulleres no desenvolvemento económico e social, aproveitando o talento, a experiencia e a visión das mulleres galegas para aumentar así as bases do tecido produtivo máis innovador e produtivo e cada vez máis internacionalizado, e fomentando tamén unha organización empresarial mais comprometida ca violencia de xénero.

López Abella incidiu a importancia de poñer en marcha políticas que permitan paliar os desequilibrios económicos, sociais ou de xénero aos que se enfrontan as emprendedoras, e que ao mesmo tempo estas políticas contribúan a poñer en valor e dotar de visibilidade o seu traballo.

A titular de Igualdade, na súa intervención resaltou que é necesario potenciar o desenvolvemento profesional e o empoderamento das mulleres no sector pesqueiro en todos os posibles ámbitos das actividade económica, e seguir implantando mecanismos que favorezan a activación dos procesos de modernización e desenvolvemento tecnolóxico, a diversificación de actividades, a sostenibilidade económica e ambiental das rexións pesqueiras e a mellora da capacitación empresaria da muller.

Colectivo: