A Xunta destaca a aposta firme do concello de Malpica para avanzar cara a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Malpica de Bergantiños

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Malpica de Bergantiños
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Malpica de Bergantiños

Malpica de Bergantiños, 4 de xullo de 2014.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Malpica de Bergantiños, onde destacou a “aposta firme e decidida” do concello para consolidar unha política pública que favoreza o avance cara á igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

A secretaria xeral destacou que Malpica é un concello “especialmente sensible e comprometido” para acadar a igualdade real e efectiva entre os seus veciños e veciñas; motivo polo que agradeceu o traballo e o compromiso tanto ao alcalde, Eduardo Pardo, como ao seu equipo; ao tempo que destacou a participación activa de toda a sociedade civil de Malpica na elaboración do Plan.

O plan de igualdade está composto por 23 medidas e 75 actuacións que se estruturan en 5 áreas de actuación: enfoque de xénero no funcionamento interno do concello, educación en igualdade, participación económica, participación social e violencia de xénero; todas elas en total consonancia co VI Plan galego de Igualdade da Administración autonómica.

López Abella tamén lembrou que Malpica está adherida á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero que se creou no ano 2012 a través dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Fegamp. Por iso quixo por en valor o papel relevante dos concellos na difusión da igualdade e a importancia de que este traballo se coordine co da Administración autonómica en aras dunha maior eficacia do esforzo público.

“Consideramos que os concellos son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por ser as administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas”, asegurou a secretaria xeral.

Tema: