A Xunta defende a posta en marcha de recursos específicos para facer fronte á dobre discriminación das mulleres con discapacidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no XII Encontro da muller con discapacidade auditiva de Galicia

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a necesidade de poñer en marcha recursos específicos para facer fronte á dobre discriminación que sofren as muller con discapacidade.  Así o sinalou hoxe durante a súa participación no XII Encontro da muller con discapacidade auditiva de Galicia, celebrado en Vigo e impulsado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).  Neste sentido, recordou como exemplo que as vítimas de violencia de xénero e con discapacidade au

Vigo, 9 de marzo.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a necesidade de poñer en marcha recursos específicos para facer fronte á dobre discriminación que sofren as muller con discapacidade.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación no XII Encontro da muller con discapacidade auditiva de Galicia, celebrado en Vigo e impulsado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

Neste sentido, recordou como exemplo que as vítimas de violencia de xénero e con discapacidade auditiva teñen á súa disposición desde 2014 un servizo de intérpretes, realizado pola FAXPG, para acceder ao recurso de apoio psicolóxico que ofrece a Xunta en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Ademais, puxo en valor a necesidade de seguir avanzando en materia de igualdade, asociacionismo, empoderamento, liderado e participación social das mulleres e, moi especialmente, das mulleres con algún tipo de discapacidade.

Tema: