A Xunta de Galicia posibilita a incorporación ao mundo laboral de 23 mulleres da área de Vigo víctimas de violencia de xénero

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo, a través do departamento territorial de Traballo e Benestar, otorgou subvencións aos concellos de Vigo, Salvaterra do Miño e Nigrán por un valor total de 310.000 euros para posibilitar a incorporación ao mundo laboral de 23 mulleres víctimas de violencia de xénero pertencentes á área metropolitana de Vigo.

Dentro dos programas de cooperación local cos concellos da provincia, que este ano recibiu case 11 millóns de euros para contratar a máis de 1.000 persoas, e que teñen coma finalidade facilitar a reincorporación ao mundo laboral das persoas que máis o necesitan, as mulleres víctimas de violencia de xénero son un colectivo primordial co que a Xunta de Galicia colabora a través dun programa específico para mulleres víctimas de violencia.

Neste senso, os concellos de Vigo, Salvaterra do Miño e Nigrán solicitaron subvencións á Consellería de Traballo e Benestar para ofrecer postos de traballo no ámbito municipal das tres administracións locais a través de dito programa de fomento de inserción laboral das mulleres víctimas de violencia que nestes momentos estean desempregadas. O departamento territorial resolveu positivamente a totalidade das propostas feitas polos tres concellos, co que a Xunta de Galicia posibilita así a incorporación laboral de 23 mulleres con especiais dificultades que pertencen ao ámbito da Delegación Territorial de Vigo.

Así, no Concello de Vigo, as traballadoras ocuparán postos de apoio á xestión de espazos municipais; no caso de Salvaterra do Miño realizarán tarefas de servizos administrativos e, por último, no Concello de Nigrán se contratará ás mulleres coma conserxes das instalacións municipais así coma para ofrecer distintos servizos urbáns. En todos os casos estarán contratadas por un periodo de doce meses.