A Xunta conmemora hoxe o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O Goberno galego considera prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia

Anualmente convoca o Premio María Josefa Wonenburger Planells, co que preténdese visibilizar ás mulleres premiadas que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía

Con este motivo, elaborase unha exposición coas premiadas que estará en 11 centros educativos de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2018.- A Xunta de Galicia quere recoñecer neste Día Internacional ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras e considera prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nena.

A igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada unha se constrúe co seu esforzo, co seu traballo e co seu talento. E só se favorecemos con igual énfase a esixencia, o esforzo e a excelencia, nun marco de Igualdade de oportunidades, teremos individualmente, e a sociedade no seu conxunto, máis opcións de futuro.

Exposición Premio María Josefa Wonenburguer

Anualmente, a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia outorga o Premio María Josefa Wonenburger Planells. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

Con este motivo, dende a Secretaría Xeral da Igualdade elaborase unha exposición coas premiadas co que preténdese visibilizar a estas mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía. A exposición estará en 11 centros educativos de Galicia

Na provincia de Lugo, no IES Fonmiña de A Pastoriza, no IES Anxel Fole de Lugo, no CEIP Plurilingüe de Lousada en Guntín e no IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos. Na provincia de A Coruña, estará no CIFP Ferrolterra de Ferrol, CPI plurilingüe Virxe da Cela de Monfero. Na provincia de Pontevedra, estará no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, no IES Carlos Casares de Vigo e no CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal. Na provincia de Ourense, estará no CIFP Portovello de Ourense e no CEIP Princesa de España de Verín.