A Xunta coñece as iniciativas en materia de igualdade da Fundación Secretariado Xitano

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia, Eva Vera, para coñecer de primeira man as iniciativas en materia de igualdade que desenvolve esta entidade social.

A Fundación creou en 2010 un grupo de traballo específico sobre violencia de xénero e no 2016 puxo en marcha o programa Calí, que ten como obxectivo mellorar a integración socio-laboral das persoas pertencentes a colectivos vulnerables, en particular a muller xitana. Este programa conta con dúas técnicas en Galicia. López Abella destacou a importancia de impulsar iniciativas en materia de igualdade, así como tamén puxo en valor a existencia de modelos positivos de mulleres xitanas empoderadas e a súa actitude transformadora.

Tema: